Titulares do día 27/03/2009
-
- O alcalde de Lalín manterá unha reunión o próximo luns cos voceiros da oposición e cos presidentes da AED e das asociacións de comerciantes CCU e Fórum Urbano para ultimar detalles respecto ao Plan de Tráfico.
- O Comité Organizador de Feiradeza celebrou onte unha xuntanza na Casa do Concello para valorar o último certame celebrado a pasada fin de semana e comezar a preparar a nova edición de 2010.
- O obradoiro de emprego “Lalín Social” vai continuar cos traballos de recuperación dos centros cívicos do rural.
- O Xulgado de Pontevedra admitiu a trámite a proposta para a adecuación urbanística das obras do aparcamento da Praza Europa remitida polo Concello.